Obxetivos da Comisión Denuncia da Galiza PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Xoves, 07 Decembro 2006 19:35

Comisión de Denuncia da Galiza

Son obxectivos da Comisión:

Axilizar e simplificar os trámites que xeran a percepción de axudas e subsidios: incorporando a recuperación consentida de datos de tipo tributario, inclusión no patrón municipal, cotizacións (por que levar un ano sen cotizar non ten os mesmos efectos que estar apuntado no INEM?), etc.

Eliminar a actual exclusión nalgunhas convocatorias de axudas daqueles programas sociais que se desenvolven atendendo as persoas con situación de residencia ilegal/irregular.

Recuperar inmediatamente o control e xestión dos centros de menores, reincorporándoos definitivamente á rede pública.

Definir e regular en Galiza os conceptos de “economía social” e “empresas de inserción”, obrigando nos concursos públicos de adxudicación de contratos e servizos e aquelas empresas moi subvencionadas, a incorporar traballador@s pertencentes a colectivos con dificultades de acceso ao mercado de traballo.

SERGASrizar os servizos de atención primaria intrapenitenciarios, dos programas de atención ás toxicomanías e da rede de centros de día que atenden a distintos colectivos dependentes desde a iniciativa das ONG’s.

Reflexionar sobre os mínimos económicos directamente relacionados co benestar que unha persoa e/ou unha unidade de convivencia, ou mesmo unha familia, deberían acadar para abandonar definitivamente o espazo multidimensional da pobreza e da exclusión social. Redefinición da Risga.

Establecer variantes nalgúns programas que asegurasen a participación e atención daquelas persoas que quedan fóra da alta ou media esixencia (non todo o mundo pode pagar sequera o 40% dun aluguer subvencionado, pero segue necesitando un espazo onde vivir).


LAST_UPDATED2